30/08/12

O reprodutor multimedia de Yahoo


Actualización 18/09/13

Parece que Yahoo decidiu retirar este servizo da rede. É posible seguir utilizando este reprodutor nas nosas páxinas aloxando este arquivo nun servidor propio e modificando o código do script:




O reprodutor multimedia de Yahoo, que podedes ver funcionando ao final da páxina e nesta entrada (ás veces tarda un pouco en cargar), foi a mellor alternativa que encontrei cando deixou de funcionar o pequeno reprodutor de audio de delicious. A cuestión é que un bon día o reprodutor de Yahoo deixou de funcionar na páxina e por máis voltas que lle dei non fun capaz de saber o motivo. Este verán, por casualidade, encontrei a causa: un script que carga a páxina, en concreto prototype, estaba interferindo co reprodutor. Prototype é unha libraría moi utilizada para crear efectos xunto con scriptaculous. Se elimino a carga deste script o reprodutor funciona perfectamente. E para que todo funcione como antes, cargo estas dúas librarías coa API de Google.
O reprodutor de Yahoo visualízase nos dipositivos móbiles.

proba de audio
proba de vídeo

 
Ir arriba