27/10/07

Odeo II


Este é o código dun reprodutor que le a "semente" (feed) do noso podcast en Odeo, non un arquivo só, todos os arquivos que teñamos e os que vaiamos engadindo.



O resultado é este:

1. Lendo o arquivo RSS da nosa páxina en Castpost:



2. Lendo o arquivo RSS da nosa páxina en Podomatic:



3. Lendo o arquivo RSS dunha conta de proba en ODEO







Agora o mesmo reprodutor lendo a "semente" (feed) do podcast das conferencias dos Museos Científicos Coruñeses:



Internet, un rápido repaso a algunas tendencias de la red global de Álvaro Ibañez, un dos creadores de Microsiervos, é unha destas conferencias que podemos escoitar desde o reprodutor e ao mesmo tempo podemos ver as transparencias que usou naquela ocasión. Ibañez fala de RSS, podcast, Flickr... en novembro de 2005.

Ligazón:
Feed Player Audio (Slim)

OdeoStudio

1ª opción: Podemos utilizar algún dos reprodutores que nos ofrece Odeo. Este por exemplo:

powered by ODEO

2ª opción: Un reprodutor diferente ao de Odeo que lea o arquivo .mp3.

Como ves na imaxe, o arquivo .mp3 é:

O código que vai a continuación é un reprodutor, cambia AQUÍ A URL DO ARQUIVO DE AUDIO pola url anterior. Observa que hai que facelo en dúas ocasións. Recoméndoche que fagas isto utilizando o bloc de notas. Copia todo o código resultante e pégao nunha nova entrada, na pestana "Editar Html", despois publica.

O resultado debería de ser este:

Recorda que podes comprobar que o teu código funciona usando o noso editor.

Ligazóns:

Odeo e OdeoStudio en Edublogki wiki de Lourdes Barroso.

Actualización 18/03/09
Desde a última vez que entramos en Odeo as cousas teñen cambiado algo. Parece que Odeo Studio foi integrado en Odeo, agora cando intentas entrar en Odeo Studio aparece esta páxina que avisa das novidades. A nosa conta segue activa. Ofrécennos a canle RSS do sitio e a posibilidade de colocar un reprodutor cos nosos audios ou descargalos ao noso equipo.

Reprodutor de audio de del.icio.us

Actualización
Lamentablemente o pequeno reprodutor de audio de delicious deixou de funcionar. Algúns compañeiros teñen solicitado aos novos propietarios a liberación do arquivo flash para que poidamos continuar utilizándoo nas nosas páxinas. Por agora non hai resposta. O reprodutor que agora se mostra funciona de maneira similar e é de Yahoo:

<script type="text/javascript" src="http://mediaplayer.yahoo.com/js"></script>

Reprodutor de del.icio.us

<script type="text/javascript" src="http://del.icio.us/js/playtagger"></script>

Este código terás que pegalo entre as etiquetas <head> </head> do teu modelo ("plantilla"). Despois disto, cada vez que fagas un enlace a un arquivo de audio, aparecerá automaticamente este pequeno reprodutor que che permitirá, ademais, etiquetar este elemento na túa conta de del.icio.us.

Se aínda non queres tocar o código HTML do teu blogue, podes pegar o código anterior en cada entrada onde queiras que apareza o reprodutor.
Experimenta.

*Toma a precaución de que o código non leve ningún cambio de liña forzado.

 
Ir arriba