Podcasting, segundo a Galipedia, "é un método de transmisión de arquivos de audio (polo xeral MP3 ou ogg) que utiliza redes
RSS para distribuír o contido, os arquivos quedan almacenados nun servidor de internet, os subscritores baixan os ficheiros automaticamente."
Audacity, para manipular o son. Programa de gravación e edición de audio, libre e de código aberto. Sinxelo de usar e con moita
axuda traducida. Non se pode pedir máis!
Desde podcastellano ofrécennos un breve
tutorial para facer un podcast en tres pasos e unha
guía rápida para gravar a túa voz con Audacity.
Lourdes Barroso, profesora de secundaria nun instituto de Getafe, deixa para nós
un vídeo-tutorial para gravar unha mensaxe de voz acompañada dun fondo musical.
Actualización: Os podcasteiros galegos reúnense arredor de
podgalego. Na súa páxina encontraredes
recursos para os vosos podcast.
Onde subir os nosos audios?
Hai moitas posibilidades, vexamos dúas:
OdeoPodomaticTanto en
Odeo como en
Podomatic terás que crear unha conta e gravar ou subir os teus audios.