25/03/09

Audacity. Configuración básica

Desde Editar>Preferencias accedemos ao cadro de diálogo de configuración do programa:


A pestana Audio E/S permítenos escoller as entradas e saídas de audio (normalmente a tarxeta de son do noso equipo), tamén podemos escoller o número de canles das nosas gravacións. Pode ser interesante marcar a opción de "Reproducir unha pista mentres se grava", así poderemos realizar unha gravación de voz ao tempo que escoitamos a música coa que queremos sincronizala.


Na pestana Calidade escolleremos os parámetros dos nosos arquivos de audio. Recomendaremos utilizar para as nosas gravacións o estándar Cd, isto é, 44.100 mostras por segundo cunha resolución de 16 bits. Audacity utiliza por defecto 32 bits de codificación.


Formatos de arquivo. Coa primeira opción, os arquivos importados poden cambiarse, moverse ou eliminarse da carpeta orixinal sen que isto afecte ao proxecto de Audacity (Audacity garda os seus proxectos coa extensión *.aup). Coa segunda opción o proxecto de Audacity depende deses arquivos e calquera modificación neles afectará ao proxecto.
Escollemos depois o formato descomprimido de exportación, neste caso WAV e as opcións de exportación a Ogg Vorbis e a Mp3. Nas opcións de exportación a Mp3 debería de ser suficiente unha ratio de bits (Bit Rate) de 96 kbps (kilobits por segundo) para as nosas gravacións de voz. Sempre é recomendable facer probas con outras ratios para encontrar os parámetros de calidade máis adecuados.

A primeira vez que se abre esta pestana aparece así:


Se clicamos en "buscar libraría", Audacity advirte que


Podemos descargar o codificador LAME Mp3 encoder desde a mesma páxina de descargas de Audacity. Estas mesmas ligazóns están no apartado Descargas deste blogue.

Para descargar e instalar o codificador Lame mp3 encoder:

  • Imos á páxina de descarga.
  • Localizamos e descargamos o arquivo comprimido libmp3lame-win-3.98.2.zip (para Audacity en Windows)
  • Descompriminos o arquivo e gardamos a libraría lame_enc.dll. Podemos gardala onde queiramos, un bon lugar pode ser a carpeta Plug-Ins creada ao instalar Audacity (C:\Arquivos de programa\Audacity\Plug-Ins)
  • Cando utilicemos por primeira vez a opción de exportación a mp3 o programa pedirá que localicemos esta libraría. Só hai que facelo unha vez.

29/01/09

Calculadora

  1. Conseguimos o script gratuíto.
  2. Gardámolo nun arquivo de texto (bloc de notas) coa extensión .html. Chamarémoslle calculadora.html, por exemplo.
  3. Subímolo ao noso servidor web.
  4. Colocámolo no blogue con este código:

17/12/08

Wikipedia mobile


A Wikipedia máis accesible que nunca con esta versión para o móbil. Está dispoñible en 14 linguas e incluirá a posibilidade de escoitar o artigo solicitado.

09/12/08

O cineclube do audivisual galego



A medio camiño entre o cineclube e a rede social, Flocos.tv é unha inciativa da Axencia Audiovisual Galega. Podes ver curtametraxes completas ou colocalas na túa páxina, como esta Coruña imposible de Paco Rañal (1995).

04/12/08

A nosa viaxe pola Web 2.0

Redes Ning na educación



Ning ofrece, como sabemos, a posibilidade de crear a nosa propia rede social. O espazos gratuítos en Ning están sostidos con publicidade de Google. Para as redes dirixidas a estudantes Ning ofrece a posibilidade de eliminar esta publicidade seguindo estas sinxelas indicacións que traducimos de Ning in Education.

Co fin de axudar aos educadores a sacar proveito das posibilidades que ofrece unha rede social en Ning, Ning ofrécese a liberar de publicidade as redes educativas dirixidas a estudantes con idades comprendidas entre os 13 e os 18 anos (grades 7-12). Debido ao COPPA (Children's Online Privacy Protecttion Act), as redes Ning non deberían ser creadas para estudantes de menos de 13 anos.

Para solicitar que a súa rede Ning sexa recoñecida para este programa siga, por favor, as instrucións seguintes:

  1. En primeiro lugar, por favor, entre no Ning "Help Center" http://help.ning.com/cgi-bin/ning.cfg/php/enduser/ning_login.php. Isto permitiralle ver a situación da súa solicitude. Pode enviar unha solicitude sen asinar (utilice a ligazón "Skip" que aparece ao lado da ligazón "sing in"), pero non poderá facer un seguimento da súa petición.
  2. Clique en "contact us" (contacte connosco) que está na parte superior da páxina.
  3. Aparecerá o formulario "Ask our team a question" (fai unha pregunta ao noso equipo).
  4. No primeiro campo "I have a question about" (teño unha pregunta sobre) seleccione "a network I've created" (unha rede que creei)
  5. No campo "I specifically want to know" (Eu quero saber especificamente) seleccione "General question"
  6. Pode saltar o campo "Im feeling" (Estoume sentindo...)
  7. No campo "Network URL" (URL da rede) proporcione, por favor, o enderezo da rede educativa que desexa que Ning deixe libre de publicidade.
  8. No espazo destinado a mensaxes indique expresamente que está solicitando unha rede sen publicidade con fins educativos.
  9. Agradeceriamos que colocase unha insignia "badge" de Ning in Eucation na súa páxina principal. Na ligazón "get a Ning in Education badge" pode obter o código html necesario para colocala na súa rede.
  10. Se a súa rede non está libre de publicidade no prazo de 3 días hábiles, comprobe a situación da súa solicitude no mesmo enderezo de axuda, en "view tickets".

16/11/08

Tradutor



ligazón: Widgetbox

15/11/08

A Blogosfera galega en YouTube



xanocebreiro

Ferramentas Web 2.0

Encontramos no blogue de Tíscar Lara este Manual de Ferramentas da Web 2.0 para Professores editado polo Ministerio da Educación portugués e organizado pola Profesora Ana Amélia A. Carvalho, da Universidade do Minho. Pódese descargar en pdf.

índice:

1. Blogue, YouTube - Sónia Cruz.
2. Podcast e utilização do software Audacity - Adão Sousa e Fátima Bessa
3. Dandelife, Wiki e Goowy - Hugo Martins
4. Ferramentas Google: Page Creator, Docs e Calendar - Célio Gonçalo Marques
5. PopFly como editor de mashups - Pedro Ferreira e Ricardo Pinto
6. A Web 2.0 e as Tecnologias Móveis - Adelina Moura
7. Ambientes Virtuais e Second Life - Nelson Zagalo e Luís Pereira
8. Do Movie Maker ao YouTube - Carla Joana Carvalho
9. Mapas Conceptuais Online - Graça Cardoso Magalhães e Filomena del Rio

12/11/08

100 ferramentas para a prendizaxe



Lemos en Octeto 2.0 que o Centre for learning & Performance Technologies publica unha lista das 100 mellores ferramentas para a aprendizaxe. Estas son as dez ferramentas máis valoradas:

1. Delicious
2. Firefox
3. Google Reader
4. Skype
5. WordPress
6. Google Search
7. Google Docs
8. PowerPoint
9. Moodle
10. Blogger

Por detrás delas a Wikipedia que pasa ao posto 13 desde o 26 ou Ning que sobe ao 16 desde o posto 31.

Fonte: Octeto 2.0 | Tecnoloxía Educativa

 
Ir arriba