30/08/12

O reprodutor multimedia de Yahoo


Actualización 18/09/13

Parece que Yahoo decidiu retirar este servizo da rede. É posible seguir utilizando este reprodutor nas nosas páxinas aloxando este arquivo nun servidor propio e modificando o código do script:




O reprodutor multimedia de Yahoo, que podedes ver funcionando ao final da páxina e nesta entrada (ás veces tarda un pouco en cargar), foi a mellor alternativa que encontrei cando deixou de funcionar o pequeno reprodutor de audio de delicious. A cuestión é que un bon día o reprodutor de Yahoo deixou de funcionar na páxina e por máis voltas que lle dei non fun capaz de saber o motivo. Este verán, por casualidade, encontrei a causa: un script que carga a páxina, en concreto prototype, estaba interferindo co reprodutor. Prototype é unha libraría moi utilizada para crear efectos xunto con scriptaculous. Se elimino a carga deste script o reprodutor funciona perfectamente. E para que todo funcione como antes, cargo estas dúas librarías coa API de Google.
O reprodutor de Yahoo visualízase nos dipositivos móbiles.

proba de audio
proba de vídeo

01/07/12

Calendario humano


24/04/12

infomous


Unha curiosa maneira de xerar unha nube de palabras a partir, neste caso, dunha URL. Fai dobre clic sobre a etiqueta que aparece en primeiro plano para comezar. Clicando en cada palabra aparecen as ligazóns ao contido (hai un contido "patrocinado"). Facendo dobre clic sobre unha palabra aparece en primeiro plano coas súas conexións.
Infomous
Visto en Web 2.0 ON, blog de Josi Sierra

04/02/12

A música en Ollos de auga



A música en Ollos de auga de Domingo Villar é un traballo de Emma López e Nereida Rodríguez, alumnas de 4º de ESO B no IES David Buján de Cambre. Isto é aínda un borrador.

22/11/11

Quebracabezas de audio


Estes quebracabezas de audio están realizados co xerador de audio-puzles de Genmagic. Vídeo titorial para comezar a utilizar a aplicación.
Visto en Estoig Digital.

06/04/11

Mapa de Google

Luís Seoane (1910-1979)

Lorenzo Varela (1916-1978)


Este código, que aquí funciona correctamente, non o fai no mapa de Google... Darémoslle unha volta máis!

30/03/11

Lois Pereiro


Autor: quinif

19/03/11

Mundo Lois II

Descubre as ligazóns que esconde a imaxe (6 + 6 audios)


Fotografía: Manuel Vilariño... e o paso do tempo

Mundo Lois

Fotografía: Manuel Vilariño

19/09/09

TOKYO by +joanjimenez

 
Ir arriba