Pere Marquès Graells é profesor Titular de Tecnoloxía Educativa, director do Grupo de Investigación Didáctica e Multimedia e coordinador de Estudios de Terceiro Ciclo do Dpto. de Pedagoxía Aplicada da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB).
Podcasting, segundo a Galipedia, "é un método de transmisión de arquivos de audio (polo xeral MP3 ou ogg) que utiliza redes RSS para distribuír o contido, os arquivos quedan almacenados nun servidor de internet, os subscritores baixan os ficheiros automaticamente."
Audacity, para manipular o son. Programa de gravación e edición de audio, libre e de código aberto. Sinxelo de usar e con moita axudatraducida. Non se pode pedir máis!
Lourdes Barroso, profesora de secundaria nun instituto de Getafe, deixa para nós un vídeo-tutorial para gravar unha mensaxe de voz acompañada dun fondo musical.
Actualización: Os podcasteiros galegos reúnense arredor de podgalego. Na súa páxina encontraredes recursos para os vosos podcast.
Onde subir os nosos audios? Hai moitas posibilidades, vexamos dúas:
Este é o código dun reprodutor que le a "semente" (feed) do noso podcast en Odeo, non un arquivo só, todos os arquivos que teñamos e os que vaiamos engadindo.
Internet, un rápido repaso a algunas tendencias de la red global de Álvaro Ibañez, un dos creadores de Microsiervos, é unha destas conferencias que podemos escoitar desde o reprodutor e ao mesmo tempo podemos ver as transparencias que usou naquela ocasión. Ibañez fala de RSS, podcast, Flickr... en novembro de 2005.
2ª opción: Un reprodutor diferente ao de Odeo que lea o arquivo .mp3.
Como ves na imaxe, o arquivo .mp3 é:
O código que vai a continuación é un reprodutor, cambia AQUÍ A URL DO ARQUIVO DE AUDIO pola url anterior. Observa que hai que facelo en dúas ocasións. Recoméndoche que fagas isto utilizando o bloc de notas. Copia todo o código resultante e pégao nunha nova entrada, na pestana "Editar Html", despois publica.
O resultado debería de ser este:
Recorda que podes comprobar que o teu código funciona usando o noso editor.
Actualización 18/03/09 Desde a última vez que entramos en Odeo as cousas teñen cambiado algo. Parece que Odeo Studio foi integrado en Odeo, agora cando intentas entrar en Odeo Studio aparece esta páxina que avisa das novidades. A nosa conta segue activa. Ofrécennos a canle RSS do sitio e a posibilidade de colocar un reprodutor cos nosos audios ou descargalos ao noso equipo.
Actualización
Lamentablemente o pequeno reprodutor de audio de delicious deixou de funcionar. Algúns compañeiros teñen solicitado aos novos propietarios a liberación do arquivo flash para que poidamos continuar utilizándoo nas nosas páxinas. Por agora non hai resposta. O reprodutor que agora se mostra funciona de maneira similar e é de Yahoo:
Este código terás que pegalo entre as etiquetas <head> </head> do teu modelo ("plantilla"). Despois disto, cada vez que fagas un enlace a un arquivo de audio, aparecerá automaticamente este pequeno reprodutor que che permitirá, ademais, etiquetar este elemento na túa conta de del.icio.us.
Se aínda non queres tocar o código HTML do teu blogue, podes pegar o código anterior en cada entrada onde queiras que apareza o reprodutor.
Experimenta. *Toma a precaución de que o código non leve ningún cambio de liña forzado.
Este é un traballo dun alumno de 4º de ESO sobre María Mariño, podemos colocar no blogue as presentacións de maneira similar a como fixemos co vídeo ou indicarlles que as vexan na páxina de SlideShare.