17/12/08

Wikipedia mobile


A Wikipedia máis accesible que nunca con esta versión para o móbil. Está dispoñible en 14 linguas e incluirá a posibilidade de escoitar o artigo solicitado.

09/12/08

O cineclube do audivisual galego



A medio camiño entre o cineclube e a rede social, Flocos.tv é unha inciativa da Axencia Audiovisual Galega. Podes ver curtametraxes completas ou colocalas na túa páxina, como esta Coruña imposible de Paco Rañal (1995).

04/12/08

A nosa viaxe pola Web 2.0

Redes Ning na educación



Ning ofrece, como sabemos, a posibilidade de crear a nosa propia rede social. O espazos gratuítos en Ning están sostidos con publicidade de Google. Para as redes dirixidas a estudantes Ning ofrece a posibilidade de eliminar esta publicidade seguindo estas sinxelas indicacións que traducimos de Ning in Education.

Co fin de axudar aos educadores a sacar proveito das posibilidades que ofrece unha rede social en Ning, Ning ofrécese a liberar de publicidade as redes educativas dirixidas a estudantes con idades comprendidas entre os 13 e os 18 anos (grades 7-12). Debido ao COPPA (Children's Online Privacy Protecttion Act), as redes Ning non deberían ser creadas para estudantes de menos de 13 anos.

Para solicitar que a súa rede Ning sexa recoñecida para este programa siga, por favor, as instrucións seguintes:

  1. En primeiro lugar, por favor, entre no Ning "Help Center" http://help.ning.com/cgi-bin/ning.cfg/php/enduser/ning_login.php. Isto permitiralle ver a situación da súa solicitude. Pode enviar unha solicitude sen asinar (utilice a ligazón "Skip" que aparece ao lado da ligazón "sing in"), pero non poderá facer un seguimento da súa petición.
  2. Clique en "contact us" (contacte connosco) que está na parte superior da páxina.
  3. Aparecerá o formulario "Ask our team a question" (fai unha pregunta ao noso equipo).
  4. No primeiro campo "I have a question about" (teño unha pregunta sobre) seleccione "a network I've created" (unha rede que creei)
  5. No campo "I specifically want to know" (Eu quero saber especificamente) seleccione "General question"
  6. Pode saltar o campo "Im feeling" (Estoume sentindo...)
  7. No campo "Network URL" (URL da rede) proporcione, por favor, o enderezo da rede educativa que desexa que Ning deixe libre de publicidade.
  8. No espazo destinado a mensaxes indique expresamente que está solicitando unha rede sen publicidade con fins educativos.
  9. Agradeceriamos que colocase unha insignia "badge" de Ning in Eucation na súa páxina principal. Na ligazón "get a Ning in Education badge" pode obter o código html necesario para colocala na súa rede.
  10. Se a súa rede non está libre de publicidade no prazo de 3 días hábiles, comprobe a situación da súa solicitude no mesmo enderezo de axuda, en "view tickets".

16/11/08

Tradutor



ligazón: Widgetbox

15/11/08

A Blogosfera galega en YouTube



xanocebreiro

Ferramentas Web 2.0

Encontramos no blogue de Tíscar Lara este Manual de Ferramentas da Web 2.0 para Professores editado polo Ministerio da Educación portugués e organizado pola Profesora Ana Amélia A. Carvalho, da Universidade do Minho. Pódese descargar en pdf.

índice:

1. Blogue, YouTube - Sónia Cruz.
2. Podcast e utilização do software Audacity - Adão Sousa e Fátima Bessa
3. Dandelife, Wiki e Goowy - Hugo Martins
4. Ferramentas Google: Page Creator, Docs e Calendar - Célio Gonçalo Marques
5. PopFly como editor de mashups - Pedro Ferreira e Ricardo Pinto
6. A Web 2.0 e as Tecnologias Móveis - Adelina Moura
7. Ambientes Virtuais e Second Life - Nelson Zagalo e Luís Pereira
8. Do Movie Maker ao YouTube - Carla Joana Carvalho
9. Mapas Conceptuais Online - Graça Cardoso Magalhães e Filomena del Rio

12/11/08

100 ferramentas para a prendizaxe



Lemos en Octeto 2.0 que o Centre for learning & Performance Technologies publica unha lista das 100 mellores ferramentas para a aprendizaxe. Estas son as dez ferramentas máis valoradas:

1. Delicious
2. Firefox
3. Google Reader
4. Skype
5. WordPress
6. Google Search
7. Google Docs
8. PowerPoint
9. Moodle
10. Blogger

Por detrás delas a Wikipedia que pasa ao posto 13 desde o 26 ou Ning que sobe ao 16 desde o posto 31.

Fonte: Octeto 2.0 | Tecnoloxía Educativa

26/10/08

Descarga audio e vídeo ao teu equipo

A través de Roa Multimedia encotramos este TubeMasterPlus que nos permite, navegando en internet, descargar audio e vídeo ao noso equipo e despois convertelo a outros formatos (AVI, MPEG, MP3, MP4...). O programa non se instala no noso ordenador, trátase dun arquivo autoexecutable e, como indican os seus autores, non contén virus, adware ou spyware. Na páxina do programa encontraredes un tutorial en inglés e francés.

Este programa poderá simplificar operacións que antes faciamos con outras ferramentas sinxelas

ou con programas máis completos e complexos

18/10/08

Desde a Lúa



Primeiras imaxes en alta definición da Terra, tomadas desde a Lúa pola sonda xaponesa Kaguya en 2007. De fondo Louis Armstrong e o seu What a wonderful world.

17/10/08

Ning: crea a túa propia rede social



Titorial do profesor António Teixeira. Máis nesta introdución a Ning do compañeiro Xano Cebreiro.



Ning en Gabinetedeinformatica.net, neste blogue encontaredes algunhas reflexións interesantes sobre as redes sociais.

Ligazón: Ning

16/10/08

O mago es ti



Pequeno manual sobre a PD e a PDI. Modelos de uso didáctico, formación, claves para o éxito.

CHISPAS TIC Y EDUCACIÓN. Blog Pere Marquès: La magia de la pizarra digital... la pones tú.

15/10/08

Dereitos humanos



Human Rights Action Center

Visto en Brétemas

Notebook



Autora: Evelien Lohbeck
Máis en YouTube

Visto en eCuaderno

27/09/08

Podcast en Educación


Os nosos podcast con WordPress (Blogaliza) máis o engadido (plug-in) PodPress. Se clicades na semente RSS do voso blogue veredes como o arquivo de audio está dispoñible. Desde aí, se facedes clic sobre o arquivo de audio co botón dereito do rato e escolledes: "gardar ligazón como", poderedes descargar o episodio no voso ordenador.

Xornada, Ana e José Manuel RSS
Proba Verónica RSS
Bloguesole, Sole RSS
Montealto, Luz RSS
Meu arquivo, Samuel RSS
Prueba, Mónica e Miguel RSS
Alma, Alma RSS
Debuxo artístico, Camino RSS
O pucheiro biolóxico, Xacobe RSS
Podcast, Isabel RSS
Podcast matemático, Pilar RSS
Audición e linguaxe, Silvia RSS
Son, Eva RSS

Saúde e sorte a tod@s.

Actualización 290908: Para descargardes os episodios dos podcast desde a mesma páxina, seguide estes pasos.

A Catedral de Santiago no século XIII



Se queres colocar esta ficha no teu blogue clica en COMPARTIR e terás o código necesario. AVG|O soportal do audivisual galego.

22/09/08

Arquivos de audio

Algúns arquivos de audio frecuentes:
Audio sen compresión

WAV

Audio con compresión

  • Compresión con perda
AAC
MP3
Ogg Vorbis
WMA

  • Compresión sen perda
FLAC
Monkey's Audio

Calidade do audio

UsoFrecuencia da mostraNº de canlesBits de codificación
teléfono8.000 a 11.025 Hz18 bits
radio fm22.050 Hz1 ou 28 bits
cd audio44.100 Hz216 bits
estudio48.000 Hz216 bits


Para calcular o tamaño que ocupará un segundo de tempo nun formato de audio non comprimido, basta con multiplicar todos os parámetros. Para a calidade CD

Frecuencia da mostra 44.100 Hz x 2 canles x 2 bytes = 176.400 bytes/segundo = 172 Kbytes/segundo, ou o que é o mesmo, multiplicando por 60, uns 10 MB por minuto.

A 32 bits os 10 MB do exemplo anterior convértense en 20 MB.

Os arquivos de son destinados á web deben de responder ao compromiso entre tamaño (o menor posible) e calidade do audio. Para arquivos con música e voz a mellor opción é gravar en calidade Cd de audio (a 16 ou a 32 bits) e despois exportar a un formato de audio comprimido como Ogg Vorbis ou Mp3.

Parámetros de calidade para arquivos mp3

Ademais dos xa mencionados: frecuencia da mostra, bits de codificación e número de canles, hai un cuarto elemento: a ratio de bits (Bit Rate). Para os nosos arquivos de voz 96 Kbps debería de ser suficiente. A calidade e o tamaño aumentan ao aumentar a ratio de bits. Para a versión 1.2.6 de Audacity isto configúrase en Arquivo>Preferencias>Formato de arquivo>opcións de exportación a mp3.


Fonte:
Caño Valls, C. Captura y edición de audio con software libre [en liña] Universitat Oberta de Catalunya. Dispoñible en http://mosaic.uoc.edu/pdf/Captura_y_Edicion_de_Audio_con_Herramientas_Libres_II.pdf [2008, 19 de xullo]

 
Ir arriba