31/12/12

Mapa de imaxe

Na imaxe as catro zonas en negro son outras tantas ligazóns a espazos en internet. Para facelo utilicei Gimp (GNU Image Manipulation Program), o programa de edición de imaxes baixo licenza pública xeral de GNU. Vou tomar unhas notas para recordar como fixen.
  1. Abrín unha entrada nova e publiquei a imaxe a tamaño orixinal. Cando sobes unha imaxe ao blog, Blogger coloca un código coma este. No código hai dúas URls, neste caso valería calquera das dúas, porque publicamos a nosa imaxe a tamaño orixinal.
  2. Abrín en Gimp a imaxe e desde FILTROS>WEB>Mapa de imaxe traballei as zonas que quería converter en ligazóns, dúas son irregulares (as siluetas sobre o banco) e dúas son rectángulos (zapatos e botella). Encontrei varios manuais con indicacións para realizar un mapa de imaxe con Gimp.
  3. Gardei o arquivo resultante como un arquivo de texto coa extensión .txt.
  4. Cambiei no arquivo de texto o nome da imaxe pola URL da imaxe en Blogger.
  5. Copiei todo o código do arquivo de texto no blog coa pestana HTML activada.

30/08/12

O reprodutor multimedia de Yahoo


Actualización 18/09/13

Parece que Yahoo decidiu retirar este servizo da rede. É posible seguir utilizando este reprodutor nas nosas páxinas aloxando este arquivo nun servidor propio e modificando o código do script:




O reprodutor multimedia de Yahoo, que podedes ver funcionando ao final da páxina e nesta entrada (ás veces tarda un pouco en cargar), foi a mellor alternativa que encontrei cando deixou de funcionar o pequeno reprodutor de audio de delicious. A cuestión é que un bon día o reprodutor de Yahoo deixou de funcionar na páxina e por máis voltas que lle dei non fun capaz de saber o motivo. Este verán, por casualidade, encontrei a causa: un script que carga a páxina, en concreto prototype, estaba interferindo co reprodutor. Prototype é unha libraría moi utilizada para crear efectos xunto con scriptaculous. Se elimino a carga deste script o reprodutor funciona perfectamente. E para que todo funcione como antes, cargo estas dúas librarías coa API de Google.
O reprodutor de Yahoo visualízase nos dipositivos móbiles.

proba de audio
proba de vídeo

01/07/12

Calendario humano


24/04/12

infomous


Unha curiosa maneira de xerar unha nube de palabras a partir, neste caso, dunha URL. Fai dobre clic sobre a etiqueta que aparece en primeiro plano para comezar. Clicando en cada palabra aparecen as ligazóns ao contido (hai un contido "patrocinado"). Facendo dobre clic sobre unha palabra aparece en primeiro plano coas súas conexións.
Infomous
Visto en Web 2.0 ON, blog de Josi Sierra

04/02/12

A música en Ollos de auga



A música en Ollos de auga de Domingo Villar é un traballo de Emma López e Nereida Rodríguez, alumnas de 4º de ESO B no IES David Buján de Cambre. Isto é aínda un borrador.

 
Ir arriba