Xano Cebreiro deixounos nun comentario a Audio no blogue, ou blogue de audio, unha estupenda recompilación de ferramentas desta Web2.0, que sen dúbida serán de gran utilidade nas aulas.
Actualización (210908): Ferramentas web en Wikispaces.
16/09/08
Ferramentas web
Publicado por Xoán 0 comentarios ((•)) Escoita a entrada
Etiquetas: audacity, audio, ferramentas, podcast, Web 2.0
14/09/08
Mensaxes de voz 2
Con Wagwire poderás escoitar os teus visitantes e compartillar as súas mensaxes. Abre unha conta e elixe entre Wag Mini ou Wag Cast.
Ligazón: Wagwire.
Actualización, 08/11/08: WagWire anuncia novidades no seu servizo:
- Nova interface de conexión.
- Formularios de inscrición simplificados.
- Renovación completa da conta.
Publicado por Xoán 0 comentarios ((•)) Escoita a entrada
13/09/08
Audio no blogue, ou blogue de audio 3
Coñecín ijigg no podcast Fala aí Escola do Colégio Estadual Coronel Pilar de Santa Maria/RS. A compañeira Verônica Carvalho combina un blog en Blogger con arquivos de audio aloxados en ijigg. O resultado é, como vedes, un interesante traballo.
O noso audio de proba en ijigg:
Poema e voz: Xabier Correa Corredoira.
Gravación: 25/05/07
Música: Amatorius de Rodrigo Leão
Publicado por Xoán 0 comentarios ((•)) Escoita a entrada
12/09/08
Audio no blogue, ou blogue de audio 2
Non hai nin que crear unha conta. Cando sobes o audio, pídenche un enderezo de correo e pregúntanche se tes o copyright ou o permiso dos autores e se queres que se poida escoitar e descargar, ou só escoitar. Os teus audios vanse gardando nunha páxina persoal á que podes acceder (View your files) introducindo a túa conta de correo. En Boomp3 ofrécennos o RSS da páxina, así que xa temos un podcast.
Este é o reprodutor que nos proporcionan:
ACTUALIZACIÓN 140309:
O servidor deixou de funcionar e quedamos sen a nosa conta... Pode pasar ;-(
Publicado por Xoán 0 comentarios ((•)) Escoita a entrada
11/09/08
Audio no blogue, ou blogue de audio
Hai moitos servizos que nos permiten gardar os nosos arquivos de audio e despois colocalos no blogue. Estamos probando algúns. eSnips permite subir e hospedar arquivos até 5Gb, tamén audio. Unha vez subido o noso arquivo, en widgest mp3 escollemos o reprodutor que queremos utilizar, copiamos o código e pegámolo no noso blogue.
Carla BRUNI Quelqu... |
Hai outros modelos de reprodutor máis "serios"
|
O audio que escoitamos é un experimento cunha canción de Carla Bruni á que lle quitamos a pista da voz.
Publicado por Xoán 6 comentarios ((•)) Escoita a entrada
28/07/08
04/07/08
Nube
As miñas etiquetas de del.icio.us en forma de nube con Wordle. Tamén podes xerar unha nube de etiquetas do teu blogue.
Visto en: A Nosa Biblioteca
Publicado por Xoán 1 comentarios ((•)) Escoita a entrada
03/07/08
Xeolocalización
Nirudia é un sitio que che permite subir as túas fotos e localizalas nun mapa. Sería algo así como un blogue de fotos xeolocalizadas. Nirudia é "o irmán pequeno de nireblog", ten algo menos dun ano na rede e agora podes ter a túa páxina en Nirudia en galego.
Niremap (por agora só en inglés) permíteche localizar nun mapa os teus favoritos en internet. Para saber máis: wiki de niremap.
Publicado por Xoán 0 comentarios ((•)) Escoita a entrada
Etiquetas: mapas, niremaps, nirudia, xeolocalización
28/06/08
Blogger in draft
Blogger ofrece a través de Blogger Draft a posibilidade de probar novas funcionalidades que aínda non se incorporaron á versión oficial. Entra no teu blogue a través de Blogger Darft e poderás probar estas novidades. Encontrarás un novo editor de entradas que facilita a carga de imaxes, a posibilidade de permitir aos teus lectores que valoren cada entrada de 1 a 5 coas xa famosas estreliñas, ou colocar o formulario de comentario xusto despois de cada entrada.
Máis en:Genbeta e GoogleBlogoscoped (en inglés)
Publicado por Xoán 1 comentarios ((•)) Escoita a entrada
Etiquetas: Blogger, Blogger draft
15/06/08
Tempos de avaliación
Estes son os criterios de avaliación que discutimos ao comezo de curso co alumnado de Técnicas de expresión escrita e que, unha vez aceptados, veñen servíndonos para valorar os seus cadernos (blogues).
O lector de pdf está "incrustado" na entrada con este sinxelo código:
Podes variar o valor da altura (height) segundo as túas necesidades.
Publicado por Xoán 0 comentarios ((•)) Escoita a entrada
Etiquetas: avaliación, código, pdf