06/04/11

Mapa de Google

Luís Seoane (1910-1979)

Lorenzo Varela (1916-1978)


Este código, que aquí funciona correctamente, non o fai no mapa de Google... Darémoslle unha volta máis!

15/09/09

"Podcast" no meu Delicious

xerado con delicious postlinks

25/03/09

Audacity. Configuración básica

Desde Editar>Preferencias accedemos ao cadro de diálogo de configuración do programa:


A pestana Audio E/S permítenos escoller as entradas e saídas de audio (normalmente a tarxeta de son do noso equipo), tamén podemos escoller o número de canles das nosas gravacións. Pode ser interesante marcar a opción de "Reproducir unha pista mentres se grava", así poderemos realizar unha gravación de voz ao tempo que escoitamos a música coa que queremos sincronizala.


Na pestana Calidade escolleremos os parámetros dos nosos arquivos de audio. Recomendaremos utilizar para as nosas gravacións o estándar Cd, isto é, 44.100 mostras por segundo cunha resolución de 16 bits. Audacity utiliza por defecto 32 bits de codificación.


Formatos de arquivo. Coa primeira opción, os arquivos importados poden cambiarse, moverse ou eliminarse da carpeta orixinal sen que isto afecte ao proxecto de Audacity (Audacity garda os seus proxectos coa extensión *.aup). Coa segunda opción o proxecto de Audacity depende deses arquivos e calquera modificación neles afectará ao proxecto.
Escollemos depois o formato descomprimido de exportación, neste caso WAV e as opcións de exportación a Ogg Vorbis e a Mp3. Nas opcións de exportación a Mp3 debería de ser suficiente unha ratio de bits (Bit Rate) de 96 kbps (kilobits por segundo) para as nosas gravacións de voz. Sempre é recomendable facer probas con outras ratios para encontrar os parámetros de calidade máis adecuados.

A primeira vez que se abre esta pestana aparece así:


Se clicamos en "buscar libraría", Audacity advirte que


Podemos descargar o codificador LAME Mp3 encoder desde a mesma páxina de descargas de Audacity. Estas mesmas ligazóns están no apartado Descargas deste blogue.

Para descargar e instalar o codificador Lame mp3 encoder:

  • Imos á páxina de descarga.
  • Localizamos e descargamos o arquivo comprimido libmp3lame-win-3.98.2.zip (para Audacity en Windows)
  • Descompriminos o arquivo e gardamos a libraría lame_enc.dll. Podemos gardala onde queiramos, un bon lugar pode ser a carpeta Plug-Ins creada ao instalar Audacity (C:\Arquivos de programa\Audacity\Plug-Ins)
  • Cando utilicemos por primeira vez a opción de exportación a mp3 o programa pedirá que localicemos esta libraría. Só hai que facelo unha vez.

27/09/08

Podcast en Educación


Os nosos podcast con WordPress (Blogaliza) máis o engadido (plug-in) PodPress. Se clicades na semente RSS do voso blogue veredes como o arquivo de audio está dispoñible. Desde aí, se facedes clic sobre o arquivo de audio co botón dereito do rato e escolledes: "gardar ligazón como", poderedes descargar o episodio no voso ordenador.

Xornada, Ana e José Manuel RSS
Proba Verónica RSS
Bloguesole, Sole RSS
Montealto, Luz RSS
Meu arquivo, Samuel RSS
Prueba, Mónica e Miguel RSS
Alma, Alma RSS
Debuxo artístico, Camino RSS
O pucheiro biolóxico, Xacobe RSS
Podcast, Isabel RSS
Podcast matemático, Pilar RSS
Audición e linguaxe, Silvia RSS
Son, Eva RSS

Saúde e sorte a tod@s.

Actualización 290908: Para descargardes os episodios dos podcast desde a mesma páxina, seguide estes pasos.

22/09/08

Arquivos de audio

Algúns arquivos de audio frecuentes:
Audio sen compresión

WAV

Audio con compresión

  • Compresión con perda
AAC
MP3
Ogg Vorbis
WMA

  • Compresión sen perda
FLAC
Monkey's Audio

Calidade do audio

UsoFrecuencia da mostraNº de canlesBits de codificación
teléfono8.000 a 11.025 Hz18 bits
radio fm22.050 Hz1 ou 28 bits
cd audio44.100 Hz216 bits
estudio48.000 Hz216 bits


Para calcular o tamaño que ocupará un segundo de tempo nun formato de audio non comprimido, basta con multiplicar todos os parámetros. Para a calidade CD

Frecuencia da mostra 44.100 Hz x 2 canles x 2 bytes = 176.400 bytes/segundo = 172 Kbytes/segundo, ou o que é o mesmo, multiplicando por 60, uns 10 MB por minuto.

A 32 bits os 10 MB do exemplo anterior convértense en 20 MB.

Os arquivos de son destinados á web deben de responder ao compromiso entre tamaño (o menor posible) e calidade do audio. Para arquivos con música e voz a mellor opción é gravar en calidade Cd de audio (a 16 ou a 32 bits) e despois exportar a un formato de audio comprimido como Ogg Vorbis ou Mp3.

Parámetros de calidade para arquivos mp3

Ademais dos xa mencionados: frecuencia da mostra, bits de codificación e número de canles, hai un cuarto elemento: a ratio de bits (Bit Rate). Para os nosos arquivos de voz 96 Kbps debería de ser suficiente. A calidade e o tamaño aumentan ao aumentar a ratio de bits. Para a versión 1.2.6 de Audacity isto configúrase en Arquivo>Preferencias>Formato de arquivo>opcións de exportación a mp3.


Fonte:
Caño Valls, C. Captura y edición de audio con software libre [en liña] Universitat Oberta de Catalunya. Dispoñible en http://mosaic.uoc.edu/pdf/Captura_y_Edicion_de_Audio_con_Herramientas_Libres_II.pdf [2008, 19 de xullo]

21/09/08

Curso de Podcasting no CMG



Isaac González, un dos administradores de Podgalego, é o autor desta presentación que serviu de apoio a un curso sobre podcasting no Centro Multimedia de Galicia . Xano Cebreiro deunos noticia dela a través de ágora rede e Diego Boquete subiuna a slideboom para que poidamos colocala nos nosos blogues.

17/09/08

Recomendados

Últimos marcadores no meu Delicious coa etiqueta "podcast"


Esta entrada está realizada con Delicious PostLinks de Fernando Plaza.
Visto en: A Nosa Biblioteca.

16/09/08

Audacity en galego



O instalador de Audacity (audacity-win-1.2.6.exe) non inclúe a tardución ao galego. Para ter a interface de Audacity en galego é preciso descargar o arquivo comprimido audacity-win-1.2.6.zip (3,0 MB), que encontraredes na páxina do programa ou desde SourceForge.net.

Ferramentas web



Xano Cebreiro deixounos nun comentario a Audio no blogue, ou blogue de audio, unha estupenda recompilación de ferramentas desta Web2.0, que sen dúbida serán de gran utilidade nas aulas.

Actualización (210908): Ferramentas web en Wikispaces.

14/09/08

Mensaxes de voz 2

Con Wagwire poderás escoitar os teus visitantes e compartillar as súas mensaxes. Abre unha conta e elixe entre Wag Mini ou Wag Cast.





Ligazón: Wagwire.


Actualización, 08/11/08: WagWire anuncia novidades no seu servizo:

  • Nova interface de conexión.
  • Formularios de inscrición simplificados.
  • Renovación completa da conta.

13/09/08

Audio no blogue, ou blogue de audio 3


Coñecín ijigg no podcast Fala aí Escola do Colégio Estadual Coronel Pilar de Santa Maria/RS. A compañeira Verônica Carvalho combina un blog en Blogger con arquivos de audio aloxados en ijigg. O resultado é, como vedes, un interesante traballo.



O noso audio de proba en ijigg:
Poema e voz: Xabier Correa Corredoira.
Gravación: 25/05/07
Música: Amatorius de Rodrigo Leão

12/09/08

Audio no blogue, ou blogue de audio 2


Non hai nin que crear unha conta. Cando sobes o audio, pídenche un enderezo de correo e pregúntanche se tes o copyright ou o permiso dos autores e se queres que se poida escoitar e descargar, ou só escoitar. Os teus audios vanse gardando nunha páxina persoal á que podes acceder (View your files) introducindo a túa conta de correo. En Boomp3 ofrécennos o RSS da páxina, así que xa temos un podcast.

Este é o reprodutor que nos proporcionan:


Boomp3.com

ACTUALIZACIÓN 140309:

O servidor deixou de funcionar e quedamos sen a nosa conta... Pode pasar ;-(

11/09/08

Audio no blogue, ou blogue de audio


Hai moitos servizos que nos permiten gardar os nosos arquivos de audio e despois colocalos no blogue. Estamos probando algúns. eSnips permite subir e hospedar arquivos até 5Gb, tamén audio. Unha vez subido o noso arquivo, en widgest mp3 escollemos o reprodutor que queremos utilizar, copiamos o código e pegámolo no noso blogue.


Carla BRUNI Quelqu...


Hai outros modelos de reprodutor máis "serios"


Get this widget
Track details
eSnips Social DNA


O audio que escoitamos é un experimento cunha canción de Carla Bruni á que lle quitamos a pista da voz.

28/07/08

Mensaxes de voz


Ligazón: Vocaroo

27/10/07

Podcast, podcasting



Podcasting, segundo a Galipedia, "é un método de transmisión de arquivos de audio (polo xeral MP3 ou ogg) que utiliza redes RSS para distribuír o contido, os arquivos quedan almacenados nun servidor de internet, os subscritores baixan os ficheiros automaticamente."

Audacity, para manipular o son. Programa de gravación e edición de audio, libre e de código aberto. Sinxelo de usar e con moita axuda traducida. Non se pode pedir máis!

Desde podcastellano ofrécennos un breve tutorial para facer un podcast en tres pasos e unha guía rápida para gravar a túa voz con Audacity.

Lourdes Barroso, profesora de secundaria nun instituto de Getafe, deixa para nós un vídeo-tutorial para gravar unha mensaxe de voz acompañada dun fondo musical.

Actualización: Os podcasteiros galegos reúnense arredor de podgalego. Na súa páxina encontraredes recursos para os vosos podcast.

Onde subir os nosos audios?
Hai moitas posibilidades, vexamos dúas:

Odeo












Podomatic










Tanto en Odeo como en Podomatic terás que crear unha conta e gravar ou subir os teus audios.

Odeo II


Este é o código dun reprodutor que le a "semente" (feed) do noso podcast en Odeo, non un arquivo só, todos os arquivos que teñamos e os que vaiamos engadindo.



O resultado é este:

1. Lendo o arquivo RSS da nosa páxina en Castpost:



2. Lendo o arquivo RSS da nosa páxina en Podomatic:



3. Lendo o arquivo RSS dunha conta de proba en ODEO







Agora o mesmo reprodutor lendo a "semente" (feed) do podcast das conferencias dos Museos Científicos Coruñeses:



Internet, un rápido repaso a algunas tendencias de la red global de Álvaro Ibañez, un dos creadores de Microsiervos, é unha destas conferencias que podemos escoitar desde o reprodutor e ao mesmo tempo podemos ver as transparencias que usou naquela ocasión. Ibañez fala de RSS, podcast, Flickr... en novembro de 2005.

Ligazón:
Feed Player Audio (Slim)

OdeoStudio

1ª opción: Podemos utilizar algún dos reprodutores que nos ofrece Odeo. Este por exemplo:

powered by ODEO

2ª opción: Un reprodutor diferente ao de Odeo que lea o arquivo .mp3.

Como ves na imaxe, o arquivo .mp3 é:

O código que vai a continuación é un reprodutor, cambia AQUÍ A URL DO ARQUIVO DE AUDIO pola url anterior. Observa que hai que facelo en dúas ocasións. Recoméndoche que fagas isto utilizando o bloc de notas. Copia todo o código resultante e pégao nunha nova entrada, na pestana "Editar Html", despois publica.

O resultado debería de ser este:

Recorda que podes comprobar que o teu código funciona usando o noso editor.

Ligazóns:

Odeo e OdeoStudio en Edublogki wiki de Lourdes Barroso.

Actualización 18/03/09
Desde a última vez que entramos en Odeo as cousas teñen cambiado algo. Parece que Odeo Studio foi integrado en Odeo, agora cando intentas entrar en Odeo Studio aparece esta páxina que avisa das novidades. A nosa conta segue activa. Ofrécennos a canle RSS do sitio e a posibilidade de colocar un reprodutor cos nosos audios ou descargalos ao noso equipo.

 
Ir arriba