17/09/08

Recomendados

Últimos marcadores no meu Delicious coa etiqueta "podcast"


Esta entrada está realizada con Delicious PostLinks de Fernando Plaza.
Visto en: A Nosa Biblioteca.

16/09/08

Audacity en galego



O instalador de Audacity (audacity-win-1.2.6.exe) non inclúe a tardución ao galego. Para ter a interface de Audacity en galego é preciso descargar o arquivo comprimido audacity-win-1.2.6.zip (3,0 MB), que encontraredes na páxina do programa ou desde SourceForge.net.

Ferramentas web



Xano Cebreiro deixounos nun comentario a Audio no blogue, ou blogue de audio, unha estupenda recompilación de ferramentas desta Web2.0, que sen dúbida serán de gran utilidade nas aulas.

Actualización (210908): Ferramentas web en Wikispaces.

14/09/08

Mensaxes de voz 2

Con Wagwire poderás escoitar os teus visitantes e compartillar as súas mensaxes. Abre unha conta e elixe entre Wag Mini ou Wag Cast.





Ligazón: Wagwire.


Actualización, 08/11/08: WagWire anuncia novidades no seu servizo:

  • Nova interface de conexión.
  • Formularios de inscrición simplificados.
  • Renovación completa da conta.

13/09/08

Audio no blogue, ou blogue de audio 3


Coñecín ijigg no podcast Fala aí Escola do Colégio Estadual Coronel Pilar de Santa Maria/RS. A compañeira Verônica Carvalho combina un blog en Blogger con arquivos de audio aloxados en ijigg. O resultado é, como vedes, un interesante traballo.



O noso audio de proba en ijigg:
Poema e voz: Xabier Correa Corredoira.
Gravación: 25/05/07
Música: Amatorius de Rodrigo Leão

12/09/08

Audio no blogue, ou blogue de audio 2


Non hai nin que crear unha conta. Cando sobes o audio, pídenche un enderezo de correo e pregúntanche se tes o copyright ou o permiso dos autores e se queres que se poida escoitar e descargar, ou só escoitar. Os teus audios vanse gardando nunha páxina persoal á que podes acceder (View your files) introducindo a túa conta de correo. En Boomp3 ofrécennos o RSS da páxina, así que xa temos un podcast.

Este é o reprodutor que nos proporcionan:


Boomp3.com

ACTUALIZACIÓN 140309:

O servidor deixou de funcionar e quedamos sen a nosa conta... Pode pasar ;-(

11/09/08

Audio no blogue, ou blogue de audio


Hai moitos servizos que nos permiten gardar os nosos arquivos de audio e despois colocalos no blogue. Estamos probando algúns. eSnips permite subir e hospedar arquivos até 5Gb, tamén audio. Unha vez subido o noso arquivo, en widgest mp3 escollemos o reprodutor que queremos utilizar, copiamos o código e pegámolo no noso blogue.


Carla BRUNI Quelqu...


Hai outros modelos de reprodutor máis "serios"


Get this widget
Track details
eSnips Social DNA


O audio que escoitamos é un experimento cunha canción de Carla Bruni á que lle quitamos a pista da voz.

28/07/08

Mensaxes de voz


Ligazón: Vocaroo

04/07/08

Nube


As miñas etiquetas de del.icio.us en forma de nube con Wordle. Tamén podes xerar unha nube de etiquetas do teu blogue.
Visto en: A Nosa Biblioteca

03/07/08

Xeolocalización



Nirudia é un sitio que che permite subir as túas fotos e localizalas nun mapa. Sería algo así como un blogue de fotos xeolocalizadas. Nirudia é "o irmán pequeno de nireblog", ten algo menos dun ano na rede e agora podes ter a túa páxina en Nirudia en galego.



Niremap (por agora só en inglés) permíteche localizar nun mapa os teus favoritos en internet. Para saber máis: wiki de niremap.

 
Ir arriba