27/10/07

Podcast, podcasting



Podcasting, segundo a Galipedia, "é un método de transmisión de arquivos de audio (polo xeral MP3 ou ogg) que utiliza redes RSS para distribuír o contido, os arquivos quedan almacenados nun servidor de internet, os subscritores baixan os ficheiros automaticamente."

Audacity, para manipular o son. Programa de gravación e edición de audio, libre e de código aberto. Sinxelo de usar e con moita axuda traducida. Non se pode pedir máis!

Desde podcastellano ofrécennos un breve tutorial para facer un podcast en tres pasos e unha guía rápida para gravar a túa voz con Audacity.

Lourdes Barroso, profesora de secundaria nun instituto de Getafe, deixa para nós un vídeo-tutorial para gravar unha mensaxe de voz acompañada dun fondo musical.

Actualización: Os podcasteiros galegos reúnense arredor de podgalego. Na súa páxina encontraredes recursos para os vosos podcast.

Onde subir os nosos audios?
Hai moitas posibilidades, vexamos dúas:

Odeo












Podomatic










Tanto en Odeo como en Podomatic terás que crear unha conta e gravar ou subir os teus audios.

Odeo II


Este é o código dun reprodutor que le a "semente" (feed) do noso podcast en Odeo, non un arquivo só, todos os arquivos que teñamos e os que vaiamos engadindo.



O resultado é este:

1. Lendo o arquivo RSS da nosa páxina en Castpost:



2. Lendo o arquivo RSS da nosa páxina en Podomatic:



3. Lendo o arquivo RSS dunha conta de proba en ODEO







Agora o mesmo reprodutor lendo a "semente" (feed) do podcast das conferencias dos Museos Científicos Coruñeses:



Internet, un rápido repaso a algunas tendencias de la red global de Álvaro Ibañez, un dos creadores de Microsiervos, é unha destas conferencias que podemos escoitar desde o reprodutor e ao mesmo tempo podemos ver as transparencias que usou naquela ocasión. Ibañez fala de RSS, podcast, Flickr... en novembro de 2005.

Ligazón:
Feed Player Audio (Slim)

OdeoStudio

1ª opción: Podemos utilizar algún dos reprodutores que nos ofrece Odeo. Este por exemplo:

powered by ODEO

2ª opción: Un reprodutor diferente ao de Odeo que lea o arquivo .mp3.

Como ves na imaxe, o arquivo .mp3 é:

O código que vai a continuación é un reprodutor, cambia AQUÍ A URL DO ARQUIVO DE AUDIO pola url anterior. Observa que hai que facelo en dúas ocasións. Recoméndoche que fagas isto utilizando o bloc de notas. Copia todo o código resultante e pégao nunha nova entrada, na pestana "Editar Html", despois publica.

O resultado debería de ser este:

Recorda que podes comprobar que o teu código funciona usando o noso editor.

Ligazóns:

Odeo e OdeoStudio en Edublogki wiki de Lourdes Barroso.

Actualización 18/03/09
Desde a última vez que entramos en Odeo as cousas teñen cambiado algo. Parece que Odeo Studio foi integrado en Odeo, agora cando intentas entrar en Odeo Studio aparece esta páxina que avisa das novidades. A nosa conta segue activa. Ofrécennos a canle RSS do sitio e a posibilidade de colocar un reprodutor cos nosos audios ou descargalos ao noso equipo.

Reprodutor de audio de del.icio.us

Actualización
Lamentablemente o pequeno reprodutor de audio de delicious deixou de funcionar. Algúns compañeiros teñen solicitado aos novos propietarios a liberación do arquivo flash para que poidamos continuar utilizándoo nas nosas páxinas. Por agora non hai resposta. O reprodutor que agora se mostra funciona de maneira similar e é de Yahoo:

<script type="text/javascript" src="http://mediaplayer.yahoo.com/js"></script>

Reprodutor de del.icio.us

<script type="text/javascript" src="http://del.icio.us/js/playtagger"></script>

Este código terás que pegalo entre as etiquetas <head> </head> do teu modelo ("plantilla"). Despois disto, cada vez que fagas un enlace a un arquivo de audio, aparecerá automaticamente este pequeno reprodutor que che permitirá, ademais, etiquetar este elemento na túa conta de del.icio.us.

Se aínda non queres tocar o código HTML do teu blogue, podes pegar o código anterior en cada entrada onde queiras que apareza o reprodutor.
Experimenta.

*Toma a precaución de que o código non leve ningún cambio de liña forzado.

Presentacións



Este é un traballo dun alumno de 4º de ESO sobre María Mariño, podemos colocar no blogue as presentacións de maneira similar a como fixemos co vídeo ou indicarlles que as vexan na páxina de SlideShare.



Nesta segunda presentación a profesora Tíscar Lara reflexiona sobre o uso educativo dos blogues.

cartafol de silencios



Cartafol de silencios explora con frecuencia as posibilidades da imaxe e a palabra. Unha cámara dixital, ou un móbil e un sinxelo programa de edición.

26/10/07

Nico


400x326

Este é, aínda que non o pareza, o primeiro traballo da cooperativa de cine "SonCine" do Instituto de Porto do Son. Nico trata o tema do acoso escolar e pode ser un bon material para comentar o tema co alumnado.

Google vídeo.

Para incluír un vídeo desde Google vídeo:

1

2

3

4

5

Musas do cinema


415x363


215x163

YouTube. E se o prefires TeacherTube.

Para incluírdes un vídeo desde YouTube debedes de seguir os seguintes pasos:

1

2

3

4

Inquéritos


Create polls and vote for free. dPolls.com


Desde esta páxina poderás crear o teu inquérito e facer un seguimento dos resultados. Terás que rexistrarte dando un usuario e un contrasinal.

25/10/07

Engadir unha imaxe en Blogger

Sigue os seguintes pasos:
1

2

3

4

 
Ir arriba