02/05/08

Eu ando pelo mundo prestando atenção em cores...



Esquadros (1992)

Eu ando pelo mundo prestando atenção
Em cores que eu não sei o nome

Cores de Almodóvar
Cores de Frida Kahlo, cores
Passeio pelo escuro
Eu presto muita atenção no que meu irmão ouve
E como uma segunda pele, um calo, uma casca
Uma cápsula protetora
Eu quero chegar antes
Pra sinalizar o estar de cada coisa
Filtrar seus graus
Eu ando pelo mundo divertindo gente
Chorando ao telefone
E vendo doer a fome dos meninos que têm fome
Pela janela do quarto
Pela janela do carro
Pela tela, pela janela
(Quem é ela? Quem é ela?)
Eu vejo tudo enquadrado
Remoto controle
Eu ando pelo mundo
E os automóveis correm para quê?
As crianças correm para onde
Transito entre dois lados, de um lado
Eu gosto de opostos
Expondo meu modo, me mostro
Eu canto para quem?
Eu ando pelo mundo e meus amigos, cadê?
Minha alegria meu cansaço?
Meu amor, cadê você?
Eu acordei
Não tem ninguém ao lado

Adriana Calcanhotto

29/04/08

Jordi Adell en Cantabria


Jordi Adell, en Cantabria, no IV Congreso Regional (2007) "Competencias Básicas y Práctica Educativa". Escuela 0.9 vs. Niños 2.o: el desafío educativo de la generación digital.

"as novas tecnoloxías chegarán á aula, pero debaixo do brazo do alumnado"


Máis Jordi Adell: Actividades didácticas para el desarrollo de la competencia digital. Charla nas Gipuzkoako Berriztapen proiektuen VII. Jardunaldiak: "gaitasunak garatzen" / VII Xornadas de experiencias de innovación educativa de Gipuzkoa: "Desenvolvendo competencias". 18 de abril de 2008. Palacio de Miramar (Donostia).

21/02/08

Bloglines, un lector de "sementes"



"RSS: Non navegues, deixa que internet chegue a ti, por exemplo con Bloglines", en Bitácora de Aníbal de la Torre.

"Usando Bloglines". Tradución ao castelán de "Using Bloglines (or How to keep up with dozens of blogs everyday)" realizada por La brújula verde.


Outros agregadores:

  • GoogleReader
  • Netvibes. Podes usar a túa páxina de inicio en Netvibes para ler os teus blogues favoritos.
  • Planetaki. Sinxelo e con versión en galego.

16/02/08

Marcadores sociais: Del.icio.us






Catro videotutoriais sobre Delicious elaborados por Fulgencio Murcia e recollidos de El Blog de Sociales.

  1. Del.icio.us: Coñecendo os elementos principais.
  2. Como buscar no directorio? (1)
  3. Como buscar no directorio? (2)
  4. Algunhas funcións avanzadas. Compartindo enlaces

Outros marcadores sociais:

13/02/08

A Web 2.0 e as súas aplicacións didácticas



Pere Marquès Graells é profesor Titular de Tecnoloxía Educativa, director do Grupo de Investigación Didáctica e Multimedia e coordinador de Estudios de Terceiro Ciclo do Dpto. de Pedagoxía Aplicada da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB).

O seu blogue: Chispas TIC y educación.

A súa web: Tecnoloxía educativa.

Artigo: La Web 2.0 y sus aplicaciones didácticas.

En galego: A Web 2.0 e as súas aplicacións didácticas, traducido con OpenTrad apertium da Universidade de Vigo.

27/10/07

Podcast, podcasting



Podcasting, segundo a Galipedia, "é un método de transmisión de arquivos de audio (polo xeral MP3 ou ogg) que utiliza redes RSS para distribuír o contido, os arquivos quedan almacenados nun servidor de internet, os subscritores baixan os ficheiros automaticamente."

Audacity, para manipular o son. Programa de gravación e edición de audio, libre e de código aberto. Sinxelo de usar e con moita axuda traducida. Non se pode pedir máis!

Desde podcastellano ofrécennos un breve tutorial para facer un podcast en tres pasos e unha guía rápida para gravar a túa voz con Audacity.

Lourdes Barroso, profesora de secundaria nun instituto de Getafe, deixa para nós un vídeo-tutorial para gravar unha mensaxe de voz acompañada dun fondo musical.

Actualización: Os podcasteiros galegos reúnense arredor de podgalego. Na súa páxina encontraredes recursos para os vosos podcast.

Onde subir os nosos audios?
Hai moitas posibilidades, vexamos dúas:

Odeo












Podomatic










Tanto en Odeo como en Podomatic terás que crear unha conta e gravar ou subir os teus audios.

Odeo II


Este é o código dun reprodutor que le a "semente" (feed) do noso podcast en Odeo, non un arquivo só, todos os arquivos que teñamos e os que vaiamos engadindo.



O resultado é este:

1. Lendo o arquivo RSS da nosa páxina en Castpost:



2. Lendo o arquivo RSS da nosa páxina en Podomatic:



3. Lendo o arquivo RSS dunha conta de proba en ODEO







Agora o mesmo reprodutor lendo a "semente" (feed) do podcast das conferencias dos Museos Científicos Coruñeses:



Internet, un rápido repaso a algunas tendencias de la red global de Álvaro Ibañez, un dos creadores de Microsiervos, é unha destas conferencias que podemos escoitar desde o reprodutor e ao mesmo tempo podemos ver as transparencias que usou naquela ocasión. Ibañez fala de RSS, podcast, Flickr... en novembro de 2005.

Ligazón:
Feed Player Audio (Slim)

OdeoStudio

1ª opción: Podemos utilizar algún dos reprodutores que nos ofrece Odeo. Este por exemplo:

powered by ODEO

2ª opción: Un reprodutor diferente ao de Odeo que lea o arquivo .mp3.

Como ves na imaxe, o arquivo .mp3 é:

O código que vai a continuación é un reprodutor, cambia AQUÍ A URL DO ARQUIVO DE AUDIO pola url anterior. Observa que hai que facelo en dúas ocasións. Recoméndoche que fagas isto utilizando o bloc de notas. Copia todo o código resultante e pégao nunha nova entrada, na pestana "Editar Html", despois publica.

O resultado debería de ser este:

Recorda que podes comprobar que o teu código funciona usando o noso editor.

Ligazóns:

Odeo e OdeoStudio en Edublogki wiki de Lourdes Barroso.

Actualización 18/03/09
Desde a última vez que entramos en Odeo as cousas teñen cambiado algo. Parece que Odeo Studio foi integrado en Odeo, agora cando intentas entrar en Odeo Studio aparece esta páxina que avisa das novidades. A nosa conta segue activa. Ofrécennos a canle RSS do sitio e a posibilidade de colocar un reprodutor cos nosos audios ou descargalos ao noso equipo.

Reprodutor de audio de del.icio.us

Actualización
Lamentablemente o pequeno reprodutor de audio de delicious deixou de funcionar. Algúns compañeiros teñen solicitado aos novos propietarios a liberación do arquivo flash para que poidamos continuar utilizándoo nas nosas páxinas. Por agora non hai resposta. O reprodutor que agora se mostra funciona de maneira similar e é de Yahoo:

<script type="text/javascript" src="http://mediaplayer.yahoo.com/js"></script>

Reprodutor de del.icio.us

<script type="text/javascript" src="http://del.icio.us/js/playtagger"></script>

Este código terás que pegalo entre as etiquetas <head> </head> do teu modelo ("plantilla"). Despois disto, cada vez que fagas un enlace a un arquivo de audio, aparecerá automaticamente este pequeno reprodutor que che permitirá, ademais, etiquetar este elemento na túa conta de del.icio.us.

Se aínda non queres tocar o código HTML do teu blogue, podes pegar o código anterior en cada entrada onde queiras que apareza o reprodutor.
Experimenta.

*Toma a precaución de que o código non leve ningún cambio de liña forzado.

Presentacións



Este é un traballo dun alumno de 4º de ESO sobre María Mariño, podemos colocar no blogue as presentacións de maneira similar a como fixemos co vídeo ou indicarlles que as vexan na páxina de SlideShare.



Nesta segunda presentación a profesora Tíscar Lara reflexiona sobre o uso educativo dos blogues.

 
Ir arriba