Uso | Frecuencia da mostra | Nº de canles | Bits de codificación |
teléfono | 8.000 a 11.025 Hz | 1 | 8 bits |
radio fm | 22.050 Hz | 1 ou 2 | 8 bits |
cd audio | 44.100 Hz | 2 | 16 bits |
estudio | 48.000 Hz | 2 | 16 bits |
Para calcular o tamaño que ocupará un segundo de tempo nun formato de audio non comprimido, basta con multiplicar todos os parámetros. Para a calidade CD
Frecuencia da mostra 44.100 Hz x 2 canles x 2 bytes = 176.400 bytes/segundo = 172 Kbytes/segundo, ou o que é o mesmo, multiplicando por 60, uns 10 MB por minuto.
A 32 bits os 10 MB do exemplo anterior convértense en 20 MB.
Os arquivos de son destinados á web deben de responder ao compromiso entre tamaño (o menor posible) e calidade do audio. Para arquivos con música e voz a mellor opción é gravar en calidade Cd de audio (a 16 ou a 32 bits) e despois exportar a un formato de audio comprimido como Ogg Vorbis ou Mp3.
Parámetros de calidade para arquivos mp3
Ademais dos xa mencionados: frecuencia da mostra, bits de codificación e número de canles, hai un cuarto elemento: a ratio de bits (Bit Rate). Para os nosos arquivos de voz 96 Kbps debería de ser suficiente. A calidade e o tamaño aumentan ao aumentar a ratio de bits. Para a versión 1.2.6 de Audacity isto configúrase en Arquivo>Preferencias>Formato de arquivo>opcións de exportación a mp3.
Fonte:
Caño Valls, C. Captura y edición de audio con software libre [en liña] Universitat Oberta de Catalunya. Dispoñible en http://mosaic.uoc.edu/pdf/Captura_y_Edicion_de_Audio_con_Herramientas_Libres_II.pdf [2008, 19 de xullo]
0 comentarios:
Déixanos un comentario