Hendrick Avercamp (1585-1634)
Paisaxe invernal
óleo sobre táboa, cara a 1609
77,5 x 132 cm
Paisaxe invernal
óleo sobre táboa, cara a 1609
77,5 x 132 cm
Seadragon permítenos visualizar imaxes de gran tamaño e facer zoom sobre elas, descubrindo os pequenos detalles. Para o noso exemplo recordei esta divertida paisaxe de inverno do amsterdamés Hendricks Avercamp, un dos cadros destas vacacións. Pódese ver no Rijksmuseum de Amsterdam. Avercamp pinta como ninguén as paisaxes invernais neerlandesas con gandes superficies conxeladas e alegres escenas sobre o xeo. Hai moitas historias neste cadro, moitos detalles que descubrir como a parella que fai o amor no alto do palleiro. Podemos ver o cadro a pantalla completa ou ir facendo zoom sobre el. A imaxe orixinal, que conseguín descargar desde a páxina do propio museo, ten 4007 x 2272 pixeles.
Para que funcione nos nosos blogues:
1º paso: Colocade o seguinte script no código HTML do blogue entre as etiquetas <head></head>
<script type="text/javascript"
src="http://seadragon.com/ajax/0.8/seadragon-min.js"></script>
2º paso: Na páxina de SeaDragon pegade a URL da vosa imaxe e creade o reprodutor.
3º paso: Copiade o código que vos ofrece a páxina e colocádeo onde queirades que apareza, no noso caso nunha entrada nova.
<script src="http://seadragon.com/embed/73y.js?width=auto&height=400px"></script>
Seadragon é un dos proxectos do Microsoft Live Labs
Visto en Vagabundia
0 comentarios:
Déixanos un comentario