Na imaxe as catro zonas en negro son outras tantas ligazóns a espazos en internet. Para facelo utilicei
Gimp (GNU Image Manipulation Program), o programa de edición de imaxes baixo licenza pública xeral de GNU.
Vou tomar unhas notas para recordar como fixen.
- Abrín unha entrada nova e publiquei a imaxe a tamaño orixinal. Cando sobes unha imaxe ao blog, Blogger coloca un código coma este. No código hai dúas URls, neste caso valería calquera das dúas, porque publicamos a nosa imaxe a tamaño orixinal.
- Abrín en Gimp a imaxe e desde FILTROS>WEB>Mapa de imaxe traballei as zonas que quería converter en ligazóns, dúas son irregulares (as siluetas sobre o banco) e dúas son rectángulos (zapatos e botella). Encontrei varios manuais con indicacións para realizar un mapa de imaxe con Gimp.
- Gardei o arquivo resultante como un arquivo de texto coa extensión .txt.
- Cambiei no arquivo de texto o nome da imaxe pola URL da imaxe en Blogger.
- Copiei todo o código do arquivo de texto no blog coa pestana HTML activada.
0 comentarios:
Déixanos un comentario