Hai moitos servizos que nos permiten gardar os nosos arquivos de audio e despois colocalos no blogue. Estamos probando algúns. eSnips permite subir e hospedar arquivos até 5Gb, tamén audio. Unha vez subido o noso arquivo, en widgest mp3 escollemos o reprodutor que queremos utilizar, copiamos o código e pegámolo no noso blogue.
Carla BRUNI Quelqu... |
Hai outros modelos de reprodutor máis "serios"
|
O audio que escoitamos é un experimento cunha canción de Carla Bruni á que lle quitamos a pista da voz.
6 comentarios:
Boa opción!
Xa a engadín a este sitio, que seguramente coñezas: http://writer.zoho.com/public/xanocebreiro/son
Saúdos.
Grazas Xano. Como sempre, magnífico traballo.
Ola, estou tentando facer esto mismo pero teño un blogue en blogaliza (wordpress) e non dou feito. Xa teño aloxado o arquivo sonoro en esnips, doulle a crear widget e copio o codigo na anotación do blogue, máis non da resultado, aparece o reproductor pero non reproduce nada. A ver si me podedes axudar. Un saúdo
Senén, Blogaliza permíteche subir e aloxar os audios co que evitarías ter que recorrer a servizos coma esnips. Blogaliza máis Podpress fan do teu blogue un podcast completo. Cando sobes un audio ao teu blogue (en blogaliza) aparece automaticamente un reprodutor de audio: un exemplo cun blogue en Blogaliza. Con audio incrustado tamén funciona: un exemplo co reprodutor dewplayer.
Un saúdo
Ola, moitas grazas pola información. Xa conseguin aloxar o arquivo no blogue e lograr que se reproduza sen problemas. Pero por curiosidade, xurdiume unha nova dúbida, á hora de instalar un novo plugin coma o reproductor dewplayer do que me falades, non atopo por ningures o menú /plugins/ do que fala nas instruccións de instalación.
Podedes axudarme con isto?
Saúdos
Ola Senén, non sei se entendo ben a que te refires cando falas das "instrucións para instalar o reprodutor de dewplayer". Este reprodutor non é un plugin, engádoo como un obxecto coa etiqueta <embed> Cando falamos de Odeo deixamos o código que usamos. Se o usas deberías de cambiar tamén a URL do arquivo .swf, que podes descargar desde a páxina de Dewplayer.
En Blogaliza para activar o plugin Podpress debes de ir a "Engadidos", desde a administarción do teu blogue. Unha vez en "Engadidos", terás, sobre fonde verde, os plugíns activos (imaxe 1) e máis abaixo os inactivos. Selecciona o que desexes activar e actívao á dereita (imaxe 2).
Espero ter entendido a túa pregunta.
Un saúdo
Déixanos un comentario